betume

betume

lat bitūmen

  1. m [QUÍM ]

    Mestura de hidrocarburos presente nos asfaltos e nas ceras minerais.

  2. m [QUÍM/IND ]

    Pasta empregada para facer lustroso o calzado.

  3. m [QUÍM ]

    Mestura de pez, alcatrán, sebo e outros ingredientes para conservar os fondos das embarcacións ou formar os pavimentos.

    1. Produto bituminoso.

    2. betume asfáltico

      Asfalto refinado para satisfacer unhas especificacións establecidas.

    3. betume epoxi

      Ligante bituminoso obtido coa mestura de betume asfáltico con pequenas cantidades de resina epoxi. Emprégase en conglomerados asfálticos de alta resistencia e en pavimentos industriais.

    4. betume líquido

      Betume asfáltico dunha consistencia tan baixa que non permite efectuar o ensaio de penetración.

  4. betume de Xudea [QUÍM/PINT ]

    Asfalto natural.

Sinónimos

Citas

  • Comprei betume negro para lustrar os zapatos