besta

besta

lat bestĭa

  1. f

    Animal, principalmente para a carga ou transporte.

  2. f

    Femia do cabalo.

  3. f

    Persoa de poucos coñecementos e que manifesta excesivamente a súa forza bruta.

Sinónimos

Citas

  • É unha besta que rompe con todo o que sexa fráxil por tratalo sen xeito
  • Na casa xa non usamos o carro porque non temos bestas
  • Vimos no monte varias bestas bravas cos seus poldros

Frases hechas

  • Andar enriba da besta. Atribu

  • Primeiro a aldraba e despois a besta. Apl

  • Ter a vara e a besta. Ter o poder ou mando.

Refranes

  • A be sta cargada a cincha mátaa.
  • A besta non pregunta quen a monta.
  • A besta preñada,¡cargala ata que para e,i despois de parida, cargala cada día.
  • A mellor besta quere aguillón e a mellor muller quere varón.
  • Ben sabe a be sta a quen leva e o demo a quen atenta.
  • Besta alegre deitada apasta.
  • Besta de arrieiro vai sempre en recua e nunca sabe o que leva.
  • Besta de herba, besta de merda / perda.
  • Besta mular, ou comer ou andar.
  • Besta que anda por calquera chan, para min a quero, non para meu irmán.
  • Besta que anda por mal camiño, quéroa para min e non para o meu veciño.
  • Besta que non poidas manter, débela vender.
  • Besta que xeme, a carga non teme.
  • Bestas en pelo hainas en Monterroso.
  • Deus fixo as bestas para descanso dos homes.
  • Sinal é de boa besta a boa pata e a boa orella.