batedura

batedura

bater

  1. f

    Acción e efecto de bater.

  2. f [AERON ]

    Oscilación das pas do rotor dun xiroavión, ao redor da bisagra de articulación coa árbore motora.

  3. f [FÍS ]

    Oscilación que presenta a amplitude de vibración da onda que resulta da interferencia de dous trens de ondas con frecuencias próximas.

  4. f [TÉXT ]

    Operación de bater á que se someten as madeixas ou os tecidos para limpalos de po e quitarlles o apresto.

Citas

  • Non batiches ben os ovos, vou ter que darlles outra batedura
  • Temos que pechar algunha xanela porque non para de haber bateduras