barómetro

barómetro

baro- + -metro

    1. Instrumento que se utiliza para medir a presión atmosférica.

    2. barómetro aneroide

      Aparato que consta dun elemento sensible en forma de cápsula circular e plana completamente pechada, onde se fixo previamente un certo baleiro e que se emprega para medir a presión atmosférica.

    3. barómetro de mercurio

      Barómetro que mide a presión atmosférica mediante a determinación da altura dunha columna de mercurio.

    4. barómetro de Torricelli

      Barómetro de mercurio deseñado por Torricelli (1643), en que o descenso de mercurio no tubo orixina unha cámara barométrica.

  1. m fig

    Calquera cousa que se utiliza como índice ou medida dun determinado proceso ou estado, especialmente se se aplica á investigación dos mercados de consumidores e usuarios.

Citas

  • A alta venda de libros é un bo barómetro para indicar o grao de cultura dunha poboación
  • O barómetro indicou que se produciría un cambio na atmosfera