baril

baril

xerm baro ‘varón’ + viril

Plural: barís
  1. adx

    Que ten moita forza física ou boa saúde.

  2. adx

    Que resulta atractivo ou agradable polo aspecto e polo trato.

  3. adx

    Que destaca pola súa calidade.

  4. adx

    Que mostra valor ante perigos ou dificultades.

Antónimos

Citas

  • É un viño baril
  • Estes brasóns pertencen a unha liñaxe baril
  • O meu avó é un agarrado, pero a miña avoa é máis baril
  • Para mover este envase non chegamos nós os dous, ten que axudarnos alguén máis baril
  • Temos un delegado de clase moi baril
  • Tes uns fillos moi elegantes, son moi barís