baleiro -ra

baleiro -ra
Plural: baleiros Masculino: baleiro Masculino plural: baleiros Feminino: baleira Feminino plural: baleiras
  1. adx

    Que non ten contido, interese ou fundamento.

  2. adx

    Que non ten xente.

  3. adx

    Que non ten o seu espazo ocupado.

  4. m

    Sentimento experimentado pola ausencia dunha persoa ou cousa.

  5. m

    Lugar de gran profundidade ou visto desde unha considerable altura onde non se rexistran corpos sólidos.

  6. m [CONSTR ]

    Cada unha das aberturas (portais, xanelas, espazos entre columnas) situadas nun entrepano de parede ou noutra construción.

  7. m [FILOS ]

    Espazo desprovisto de materia.

  8. m [FÍS ]

    Concepto límite, segundo a física clásica, dun espazo desprovisto totalmente de materia, en que se propagan os campos.

  9. m [TECNOL ]

    Rexión do espazo en que a presión atmosférica foi reducida para evitar a influencia da atmosfera sobre os procesos que se levan a cabo no interior do espazo pechado.

  10. conxunto baleiro [MAT ]

    Conxunto que non contén ningún elemento.

  11. son baleiro [LING ]

    Fonemas que, segundo Nikolaj Sergejevic Trubeckoj, forman unha oposición equipolente cos fonemas planos, baseada nunha impresión acústica de vacuidade nas cavidades supraglóticas fronte a unha planicie das mesmas cavidades.

Frases hechas

  • Ter os cascos baleiros. Non ter moito xu

  • Volver de baleiro. Non conseguir ning

Formas incorrectas

vacío -a