balea
lat ballaena gr ϕ άλαινα ‘balea’
-
f
[ANIMAL ]
Cetáceo da suborde dos misticetos, da familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos que poden acadar ata os 30 m de lonxitude. Carecen de dentes e no seu lugar teñen barbas que actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente de krill. Durante o verán habitan nos mares fríos e durante o inverno nos temperados, onde nacen as crías.
-
f
Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.
-
f
Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.
-
balea gris
[ANIMAL ]
Balea, da familia dos escríctidos, de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente. Ten características anatómicas singulares e primitivas dentro das baleas.
-
balea groenlandesa/polar
[ANIMAL ]
Balea ártica, da familia dos balénidos, de ata 20 m de lonxitude, que presenta manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades e ten o beizo inferior branco.
Citas
- Teño que levar a amañar o paraugas porque co vento que ía onte rompeu unha balea