baldío -a
baldío -a
ár bal’l ‘terra seca’ ou battil ‘inútil, sen valor’
-
adx
Que se deixa sen cultivar.
-
adx
Que carece de utilidade ou resulta ineficaz.
-
adx
[HIST ]
Aplícase ás terras que non foron repartidas, durante a Idade Media, tras a súa conquista aos musulmáns.
Citas
- É unha mágoa ver como ese terreo queda baldío
- Os intentos de chegar a un acordo foron baldíos