balanza

balanza

lat bilance

    1. Instrumento que permite medir a masa dun corpo comparándoa coa doutro, de masa coñecida, mediante a igualación ou determinación da relación que existe entre os seus pesos nun campo gravitatorio calquera.

    2. balanza analítica

      Balanza aperiódica de precisión.

    3. balanza automática

      Balanza dun só prato que indica directamente a masa medida, equilibrando por si mesma a carga.

    4. balanza de precisión

      Balanza que, polo seu deseño, os seus materiais e a súa coidadosa construción, fai posible a determinación de masas cun grao elevado de exactitude.

    1. Cadro xeral das relacións de débeda e crédito que enlazan un ámbito económico co exterior.

    2. balanza comercial

      Parte da balanza de pagamentos que rexistra os intercambios de mercadorías entre un país e o resto do mundo.

    3. balanza de pagamentos

      Documento contable que recolle todas as transaccións económicas realizadas nun país durante un tempo determinado entre os seus residentes e os do resto do mundo.

  1. balanza da xustiza

    Símbolo ou emblema da xustiza, que se adoita representar cunha muller cos ollos tapados (alegoría da imparcialidade) que sostén unha balanza (símbolo do equilibrio).