balance

balance

balanza

  1. m

    Movemento de inclinación dun corpo alternativamente a un lado e a outro dun punto fixo.

  2. m

    Confrontación do activo e do pasivo dun negocio para coñecer o seu estado.

  3. m

    Comparación dos feitos favorables e desfavorables dunha situación.

  4. m

    Movemento de oscilación dunha aeronave ou embarcación ao redor do seu eixe lonxitudinal.

    1. Documento contable que resume os datos referentes ás operacións administrativas dun patrimonio de acordo cun sistema de contas determinado.

    2. Estado extractado ou derivado de anotacións contables a partir do que se fai constar, se comproba ou se demostra a exactitude de ditas anotacións ou dun resultado da xestión da empresa.

    3. balance da economía nacional

      Rexistro de todos os activos netos das unidades económicas do país que, en conxunto, forman o capital nacional.

    4. balance de resultados

      Estado que expresa o movemento positivo e negativo dos elementos da conta, de perdas e ganancias, durante o exercicio.

    5. balance de situación

      Síntese do balance xeral en que se presentan as contas en grandes grupos patrimoniais e normalmente ordenadas no activo e no pasivo.

  5. m [FÍS ]

    Comparación entre os estados inicial e final dun sistema físico, prestando especial atención aos cambios dalgunha magnitude física.

  6. m [TECNOL ]

    Dispositivo que permite regular a intensidade dos sinais de saída transmitidos polas dúas vías dunha cadea estereofónica.

  7. m [TECNOL ]

    Defecto producido pola non-perpendicularidade entre o eixe xeométrico da árbore dun corpo xiratorio (como unha roda dentada) e o plano de rodamento deste, que provoca o desprazamento do plano real de rodamento a un e outro lado do seu plano teórico.

  8. balance bípedo [ANTROP ]

    Tipo de locomoción, común nos chimpancés e australopitecos, que se caracteriza polo desprazamento do corpo a inclinarse, de xeito alternativo, en sentidos opostos.

    1. balance de brancos

      Proceso que se realiza cunha cámara e mediante o que se prepara o equipo para obter imaxes de acordo á luz dispoñible no lugar onde teña que operar.

    2. balance de cores

      Proceso de calibración de cores mediante un programa que amosa as cores o máis achegadas á realidade.

  9. balance enerxético da Terra [XEOG ]

    Balance da radiación recibida e emitida pola Terra, calculado durante un período de tempo xeralmente longo.

  10. balance hídrico [XEOG ]

    Resultado de tomar en consideración a auga precipitada sobre un territorio determinado e a auga que o solo perdeu por evaporación directa, por evapotranspiración a través das plantas, ou pola circulación fluvial e freática.

  11. balance hidroelectrolítico [FISIOL ]

    Relación en que se atopan nun momento dado a auga e os electrólitos do organismo, especialmente o sodio e o potasio.

Sinónimos

Confrontaciones

abaneo, bambeo, oscilación

Citas

  • Maréome moito co balance dos barcos cando atraveso a ría
  • Non se coñece aínda o balance final de víctimas
  • O balance da situación política non é moi positivo

Frases hechas

  • Facer un bo balance. Pescar moito nunha redada.