baga

baga

lat bācca

  1. f [BOT ]

    Froito carnoso, indehiscente, monocarpelar ou pluricarpelar, de epicarpo delgado e membranoso, e mesocarpo e endocarpo carnosos. As sementes pódense atopar inmersas directamente dentro da polpa homoxénea ou ben estar ordenadas en diversas cavidades.

  2. f

    aíña ou casulo en que se desenvolven as sementes dalgunhas plantas, coma as fabáceas ou o liño.

  3. f

    Restos dalgúns froitos coma a uva despois de espremelos e pisalos.

Sinónimos

Citas

  • As bagas das ervellas aínda non están secas
  • Foi levar a baga ao augardenteiro

Palabras vecinas

bafo bafordar bafordo baga baga bagaceira bagaceiro