baeta

baeta

lat badiu ‘baio’

  1. f [TÉXT ]

    Tecido frouxo de la ou de la mesturada con algodón, con ligaduras de sarga, feltrado e cuberto de pelo por unha cara ou polas dúas.

  2. f [TÉXT ]

    Pano elaborado con la ou outro tecido groso e absorbente para limpar ou fregar.

Citas

  • Fixo un disfrace con anacos de baeta
  • Non fai falta que refregues a mesa, chega con que pases unha baeta
  • O xastre aínda non rematou o meu traxe porque non lle chegaba a baeta que tiña