baciláceo -a
baciláceo -a
lat bacillu ‘bastón, variña’ + –áceo
-
adx
Relativo ou pertencente ás baciláceas.
-
f
[MONERA ]
Bacteria da familia das baciláceas.
-
f
[MONERA ]
Familia de bacterias da orde das eubacteriais, integrada por bacilos capaces de producir endósporas cilíndricas, elipsoidais e esféricas, situadas en posición central, subterminal ou terminal. Xeralmente hidrolizan a xelatina e fermentan os azucres. A maioría son saprófitas e viven no solo pero tamén as hai parasitas.