babuíno

babuíno

fr babouin ‘tolo’ it babbuino

m [ANIMAL ]

Primate catarrino do xénero Papio, da familia dos cercopitécidos. Ten o morro longo e calvo, as mandíbulas fortes e os cairos moi potentes, o rabo ben desenvolvido e as calosidades isquiáticas grandes, a miúdo de cores vivas. Viven entre rochas nas ladeiras das montañas e son exclusivos de África.

Palabras vecinas

babor baboso -sa babucha babuíno babuña babuñar babuvismo