B

B
  1. [FÍS ]

    Símbolo da densidade de fluxo magnético. OBS: Tamén se denomina indución magnética.

  2. [FÍS ]

    Símbolo da susceptancia dun circuíto de corrente alterna.

  3. [FISIOL ]

    Un dos grupos sanguíneos do sistema AB0 (AB cero), que presenta eritrocitos con aglutinóxeno B. En principio poden recibir sangue dos individuos dos grupos B e 0, e poden doárllelo aos dos grupos B e AB.

  4. Bandeira de sinalización mariñeira. Izada soa significa que se están cargando, descargando ou transportando mercadorías perigosas.

  5. [METROL ]

    Símbolo do bel.

  6. [MÚS ]

    Segundo elemento da notación alfabética, en letras latinas, que corresponde ao si bemol en Alemaña e ao si natural nos países anglófonos.

  7. [QUÍM ]

    Símbolo do boro.

  8. [XEOL ]

    Letra que designa nos solos o horizonte de acumulación, que está enriquecido en humus.

  9. complexo vitamínico B [BIOL ]

    Complexo vitamínico que comprende diversas substancias que teñen accións fisiolóxicas diferentes. Son especialmente importantes a vitamina B 6 , as distintas vitaminas B 12 e o ácido fólico.

Palabras vecinas

azurita b b B Ba ba* baasismo