axustar

axustar

xusto

  1. v t

    Poñer unha cousa na proporción axeitada con respecto doutra, para que se adapte a ela, se encaixe ou se acomode.

  2. v t

    Facer que algunha cousa estea en harmonía con outra.

  3. v t

    Colocar algunha cousa co fin de que o seu funcionamento sexa correcto.

  4. v t

    Concertar o prezo ou as condicións dun contrato, dunha transacción ou acordo semellante.

  5. v i

    Ter algunha cousa o tamaño ou a medida precisa para concordar con outra. Tm v pron.

  6. v pron

    Corresponder unha cousa con outra ou poñerse en harmonía.

  7. v pron

    Adaptarse aos  recursos, regras ou medios dos que se dispón para facer algo.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

adecuar

Citas

  • A cantidade de tempo que traballas non se axusta ao que gañas
  • Aínda que a tampa da ola non é a orixinal axústase ben, Merqueille un anel pero non se lle axustaba ben, Aquela porta non axusta ben
  • Axusta a radio, que se oe mal
  • Axustamos o prezo do coche e creo que xa me chegan os cartos
  • Axustou a música á letra da canción que compuxo
  • Axustou o chapeo á cabeza para que non lle caese
  • Os novos conductores teñen dificultades para axustarse ao carril
  • Procura axustar o tempo que tes antes do exame para preparalo ben
  • Quixeron axustar as condicións da obra antes de comezala

Formas incorrectas

acoplar
Conjugar
VERBO axustar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axusto
axustas
axusta
axustamos
axustades
axustan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustaba
axustabas
axustaba
axustabamos
axustabades
axustaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustei
axustaches
axustou
axustamos
axustastes
axustaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustara
axustaras
axustara
axustaramos
axustarades
axustaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustarei
axustarás
axustará
axustaremos
axustaredes
axustarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustaría
axustarías
axustaría
axustariamos
axustariades
axustarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axuste
axustes
axuste
axustemos
axustedes
axusten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustase
axustases
axustase
axustasemos
axustasedes
axustasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustar
axustares
axustar
axustarmos
axustardes
axustaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
axusta
-
-
axustade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustar
axustares
axustar
axustarmos
axustardes
axustaren
Xerundio axustando
Participio axustado
axustada
axustados
axustadas