axitación

axitación

axitar

Plural: axitacións
  1. s f

    Acción e efecto de axitar ou axitarse.

  2. s f

    Estado de desacougo anímico.

  3. s f

    Actitude da xente que se opón ou rexeita unha situación social coa que non está de acordo.

  4. s f [TECNOL ]

    Operación física, que se realiza nun axitador, consistente na produción de movementos irregulares e turbulentos nunha masa fluída, co fin de acelerar un proceso de mestura ou de transferencia.

  5. axitación psicomotriz [PAT ]

    Movementos irreflexivos, continuados e desordenados, que responden a impulsos instintivos ou afectivos variables.

  6. axitación térmica [FÍS ]

    Movemento desordenado que, en función da temperatura, presentan as moléculas de calquera substancia.

Antónimos

Confrontaciones

inquietude

Citas

  • A axitación dos universitarios provocou a intervención das unidades antidisturbios
  • A discusión co seu pai produciulle unha grande axitación
  • Cunha lixeira axitación xa podes botarlle o producto aos cristais