avestruz

avestruz

ave + lat struthĭo ‘avestruz’

Nome científico: Struthio camelus Plural: avestruces
s f [ANIMAL/ORNIT ]

Ave corredora da familia dos estruciónidos, que presenta a cabeza pequena e pelada, cos ollos grandes e o bico ancho e aplanado de forma triangular. Teñen as patas moi longas, rematadas en dous dedos, e viven en grupos nas sabanas e nos desertos de África e do SO de Asia.