ave
ave
lat ave
-
s
f
[ANIMAL/ORNIT ]
Individuo da clase das aves.
-
s
f pl
[ANIMAL/ORNIT ]
Clase de animais que pertence ao subfilo dos vertebrados, do filo dos cordados. Os seus individuos presentan plumas, característica exclusiva deste grupo de animais, son homeotermos, teñen respiración pulmonar e son ovíparos. O seu principal medio de locomoción é o voo, polo que os seus membros anteriores están transformados en ás que propulsan a ave no aire, mentres os posteriores serven de medio de locomoción terrestre. As mandíbulas están desprovistas de dentes e cubertas por un peteiro córneo.
Citas
- As cegoñas son aves migratorias que constrúen os niños en lugares elevados, As aves de curral poñen uns ovos máis saborosos cós de granxa