autoportante
autoportante
auto- + portante
-
adx
[ARQUIT ]
Aplícase á bóveda, xeralmente de formigón armado, cunha estabilidade asegurada pola súa propia rixidez.
-
adx
[TECNOL ]
Aplícase á estrutura dun vehículo que constitúe un todo ríxido e que repousa directamente sobre a suspensión e as rodas sen necesidade de bastidor.