autonomía

autonomía

auto- + gr ἀ υτονομία

Plural: autonomías
  1. s f

    Calidade de autónomo.

  2. s f

    Facultade de gobernarse polas leis propias.

  3. s f [LING/POLÍT ]

    Independencia política e social dunha lingua con respecto a outra.

  4. s f [TRANSP ]

    Capacidade máxima dun vehículo de facer un percorrido sen ter que recibir combustible.

  5. autonomía política [DER/POLÍT ]

      Condición xurídico-política daquelas entidades que teñen facultades para dotarse de leis propias, dentro da orde constitucional.

Confrontaciones

autodeterminación

Citas

  • Ese concello ten autonomía suficiente como para non depender das decisións doutros
  • Fabricaron un novo modelo de avión con maior autonomía de voo cós anteriores