austrohúngaro -ra
austrohúngaro -ra
austro- +húngaro
-
adx
Relativo ou pertencente ao conxunto de Austria-Hungría.
-
adx
Relativo ou pertencente á monarquía austrohúngara ou aos seus súbditos.
-
monarquía austrohúngara
[HIST ]
Unión real chamada tamén Austria-Hungría ou monarquía dual, que se estableceu entre o imperio de Austria e o Reino de Hungría (1867-1918).