austríaco -ca

austríaco -ca

topónimo Austria

Plural: austríacos Masculino: austríaco Masculino plural: austríacos Feminino: austríaca Feminino plural: austríacas
  1. adx

    Relativo ou pertencente a Austria ou aos  seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante de Austria.

  3. escola austríaca [ECON ]

    Escola de pensamento económico, que se caracterizaba por empregar un método antihistoricista e antifuncionalista, influído polo positivismo do círculo de Viena. 

  4. fases austríacas [XEOG ]

    Fases tectónicas do ciclo paleoalpino que se atoparon cara ao límite Aptiano-Albiano e Albiano-Cenomaniano.