audacia

audacia

lat audācĭa

Plural: audacias
  1. s f

    Impulso que leva a realizar sen temor accións difíciles, intrépidas ou perigosas.

  2. s f

    Acto de gran valentía.

Sinónimos

Citas

  • Hércules caracterizábase pola súa audacia
  • Todo o equipo manifestou unha gran audacia

Refranes

  • Ata os gatos queren agora zapatos.
  • Ata os gatos teñen tos.
  • Cando a auga falou, dixo: dos moitos e dos poucos veñan os afoutos.
  • Home atrevido, dura o que dura un vaso de vidro.
  • Ó home ousado a fortuna vénselle á mao.
  • O home valente é home prudente.
  • Ó horne ousado a fortuna pónselle ao lado.
  • Piollo resucitado e enfachendado, morre coma un condanado.

Palabras vecinas

Au aubepina aubrar audacia audaz audíbel audibilidade