atún

atún

ár at-tūn ou at-tunn lat thŭnnus gr ϴ ύννος ‘atún’

Plural: atúns
  1. s m [ANIMAL/ICT ]

    Peixe, da familia dos escómbridos, que se caracteriza por presentar corpo fusiforme, coroado por dúas aletas dorsais, e que engloba 48 especies de distribución mundial. Trátase de especies peláxicas de costumes migratorias, xeralmente gregarias.

  2. atún branco [ANIMAL/ICT ]

    Atún pequeno, da familia dos escómbridos, que presenta unha longa aleta pectoral. OBS: Tamén se denomina bonito.

  3. atún patudo [ANIMAL/ICT ]

    Atún de gran tamaño, da familia dos escómbridos, propio das augas quentes e mornas dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico.

  4. atún rabil [ANIMAL/ICT ]

    Atún, da familia dos escómbridos, que se caracteriza polas pínnulas amarelas que presenta cerca da cola.

  5. atún vermello [ANIMAL/ICT ]

    Atún, da familia dos escómbridos, que habita no Atlántico, no Mediterráneo e no Pacífico.

Sinónimos