atrio

atrio

lat atrĭu

Plural: atrios
  1. s m
    1. Espazo limitado por columnas na parte anterior, que precede a un templo, un palacio ou a outro edificio suntuoso.

    2. Espazo descuberto no interior dos conventos ou doutras edificacións adoito rodeado de pórticos e de carácter público.

  2. s m
    1. Nome aplicado a diversas cavidades de diferentes animais.

    2. Parte principal da caixa timpánica situada inmediatamente debaixo do martelo.

    3. aurícula.

    4. Cavidade que, en moitos procordados, envolve as branquias.

    5. Cavidade gastral das esponxas.

    6. Cavidade do corazón embrionario dos vertebrados a partir da que se orixinan as aurículas do corazón do adulto.

  3. s m [BOT ]

    Cavidade dos poros areolados, medio partida pola membrana oclusiva ou opercular, e limitada pola aréola.

Sinónimos

Confrontaciones

adro

Citas

  • Atoparon restos de vasillas no atrio do xacemento
  • Os albaneis traballan no atrio do pazo
  • Tirou fotos no atrio do convento