ATP
ATP
[BIOQ ]
Nucleótido que deriva do difosfato de adenosina (ADP) por fosforilación. Serve de vehículo dos grupos fosfóricos e é indispensable tanto para a degradación como para a síntese do glicóxeno. Intervén no metabolismo dos glícidos e dos ácidos graxos, e na activación dos aminoácidos.