atómico -ca

atómico -ca
Plural: atómicos Masculino: atómico Masculino plural: atómicos Feminino: atómica Feminino plural: atómicas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao átomo.

  2. adx

    Relativo ou pertencente ao núcleo do átomo.

  3. masa atómica/peso atómico [FÍS ]

    Masa dun átomo do elemento que se considera, medida en unidades de masa atómica.

  4. número atómico [FÍS ]

    Número de cargas positivas elementais, ou protóns, transportado polos núcleos de todos os isótopos dun elemento dado.

  5. pila atómica [FÍS ]

    reactor nuclear.

  6. unidade de masa atómica [FÍS ]

    Unidade de medida da masa adoptada pola IUPAC, que se corresponde coa masa dun núclido, igual a 1/12 da masa dun átomo de carbono de número de masa 12.