atlas

atlas

lat Atlas gr Ἄ τλας, -ντος

Plural: atlases
    1. s [BIBLIOT/XEOG ]

      Colección sistemática de mapas ou esquemas cartográficos.

    2. atlas celeste BIBLIOT/ [BIBLIOT/ASTRON ]

      Colección de mapas celestes que ordena desde os poucos centenares de estrelas máis brillantes ata os millóns de estrelas visibles só con grandes telescopios.

    3. atlas climatolóxico BIBLIOT/ [BIBLIOT/METEOR ]

      Recompilación de datos meteorolóxicos expostos sobre a base cartográfica dun territorio en concreto.

    4. atlas lingüístico [LING ]

      Conxunto de mapas que reflicten a distribución espacial dos feitos lingüísticos.

    5. atlas xeográfico BIBLIOT/ [BIBLIOT/XEOG ]

      Compilación de mapas.

  1. s m p ext

    Colección sistemática de láminas, debuxos, cadros ou tablas destinadas a facilitar a comprensión dunha obra.

  2. s m [ANAT ]

    Primeira vértebra dos tetrápodos, articulada co cranio. Ten forma de arco, e o seu corpo está soldado á segunda vértebra ou axe.

Citas

  • Atlas anatómico, Atlas botánico