atlántico -ca

atlántico -ca

lat Atlanticu ‘relativo a Atlas’

Plural: atlánticos Masculino: atlántico Masculino plural: atlánticos Feminino: atlántica Feminino plural: atlánticas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao océano Atlántico ou ás súas costas.

  2. adx

    Relativo ou pertencente ás montañas de Atlas.

  3. adx

    Aplícase aos  subelementos corolóxicos propios da provincia atlántica.

  4. atlántico occidental [LING ]

    Grupo de linguas da rama níxero-congolesa.

  5. período Atlántico [CLIMAT ]

    Fase climática holocénica que se desenvolve entre 7.500-5.500/4.300 BP, caracterizada polo aumento das temperaturas.

  6. provincia atlántica [BIOL/XEOG ]

    Provincia da rexión bioxeográfica eurosiberiana que comprende as terras da Europa Occidental sometidas a climas marítimos temperados e moi húmidos.

Citas

  • A flora atlántica é pouco variada

Palabras vecinas

atizar atjeh atlante atlántico -ca atlantismo atlanto- atlantropo