atimia

atimia

gr ἀϴ υμία ‘inquietude’

Plural: atimias
  1. s f [HIST/DER ]

    Acto polo que, na Grecia Antiga, era posto fóra da lei o cidadán culpable de infrinxir o dereito público, que o privaba dos seus dereitos cívicos fundamentais. Correspóndese coa capitis diminutio romana.

  2. s f [PAT ]

    Ausencia do timo.

  3. s f [PSIC ]

    Diminución ou desaparición da afectividade.