asociativo -va
asociativo -va
asociar
-
adx
Que tende cara á asociación.
-
propiedade asociativa
[MAT ]
Propiedade en virtude da que para operar tres números pódense asociar dous calquera e substituílos polo resultado da operación parcial deles e despois operar o resultado parcial co terceiro número sen que varíe o resultado final.
-
relacións asociativas
[LING ]
Relacións semánticas que se producen entre os signos dunha lingua, de maneira que se enlazan formando grupos de representacións (Paul).