asistencia
asistir
-
s
f
Acción de asistir a un lugar.
-
s
f
Conxunto dos asistentes.
-
s
f
Acción de asistir a alguén.
-
s
f
[DEP ]
Pase da pelota a un xogador situado fronte á meta contraria e que ten como resultado a consecución dun tanto.
-
asistencia ao detido
[DER ]
Dereito irrenunciable que ten toda persoa detida a designar avogado para que o asista en todas as declaracións e dilixencias que se practican para a súa identificación.
-
asistencia pública
[DER ]
Conxunto de servizos que mantén a administración pública para axudar, case sempre gratuitamente, aos que non dispoñen de medios económicos para satisfacer as súas necesidades ineludibles.
-
asistencia social
[SOCIOL ]
Conxunto de actividades públicas ou privadas que teñen como finalidade axudar a persoas e satisfacer as necesidades que non estean ao alcance dos seus medios.
-
asistencia xurídica
[DER ]
Función propia do avogado especialmente necesaria nos litixios nos que normalmente non lle son recoñecidas ás partes litigantes a posibilidade de intervir persoalmente para defender os seus dereitos diante dos tribunais.
Citas
- Gracias á asistencia rápida dos médicos, o ferido salvou a súa vida
- O conferenciante entusiasmou á asistencia
- Ten máis de quince faltas de asistencia no curso