asentamento

asentamento

asentar

Plural: asentamentos
  1. s m

    Acción e efecto de asentar ou asentarse.

  2. s m

    Sentido común.

  3. s m [DER ]

    Anotación que se fai no libro de rexistro.

  4. s m [ECON ]

    Anotación que se fai nun libro contable referente a unha operación mercantil determinada para poder seguir as flutuacións da situación inicial.

  5. s m

    Parte dunha cousa sobre a que se asenta outra.

  6. s m
    1. Lugar onde se establece unha persoa para vivir.

    2. Feito polo que os colonos se establecen naquelas terras que lle foron asignadas.

  7. s m [BÉL ]

    Lugar ofensivo ou defensivo que ocupa cada unha das armas pesadas dunha unidade ou conxunto.

  8. s m [CONSTR ]

    Movemento de descenso que fan as terras e os cimentos, piares ou paredes dunha construción a medida que van recibindo o peso das construcións que soportan.

  9. s m [MAR ]

    Diferenza entre o calado de popa e o de proa que caracteriza a pendente da quilla en relación co plano de flotación.

  10. s m [TECNOL ]

    Primeiro período de funcionamento dunha máquina durante o que os seus mecanismos traballan con axuste de serradura e que se estende ata que, polo rozamento, chega ao axuste óptimo.

Sinónimos

Citas

  • É a persoa con máis asentamento de todas as que traballa aquí
  • O asentamento correcto da válvula permitiu saír o gas
  • O mal asentamento dunha trabe foi a causa do accidente
  • O seu asentamento dende hai cinco anos é a cidade de Vigo
  • Os asentamentos de xudeus en Cisxordania foron rexeitados polos palestinos