zume

zume

gr ζωμός

Plural: zumes
  1. s m [BOT ]

    Líquido que circula a través dos tecidos vasculares das plantas, composto de auga e substancias minerais e orgánicas disoltas.

  2. s m

    Elemento que fai revivir algo.

  3. s m

    Líquido contido en certos tecidos de corpos orgánicos ou o froito de certas plantas.

    1. s

      Secreción líquida fisiolóxica.

    2. zume intestinal

      Líquido claro, amarelento e alcalino, que segrega a mucosa intestinal.

Formas incorrectas

savia, seiva