zona

zona

lat zona gr ζώνη ‘faixa’

Plural: zonas
  1. s f

    Espazo delimitado que se caracteriza por algún trazo ou circunstancia concreta.

    1. s

      Parte dunha superficie.

    2. zona climática/terrestre [XEOG/CLIMAT ]

      Faixa en que se divide a superficie terrestre que se corresponde cos grandes tipos de clima.

    1. s

      Demarcación do territorio.

    2. zona afótica [ECOL ]

      Zona das augas que está situada por debaixo dos 200 m.

    3. zona horaria [METROL ]

      fuso horario.

    4. zona húmida [ECOL ]

      Zona cuberta de auga todo o ano que serve de refuxio a aves e outros animais.

    1. s

      Extensión de terreo limitada por razóns administrativas, comerciais ou políticas.

    2. zona franca [ECON ]

      Territorio restrinxido que dispón de instalacións portuarias e que está considerado como un territorio estranxeiro.

    1. s

      Calquera parte delimitada do corpo humano.

    2. s [ANAT ]

      Área da pel ou da superficie dun órgano.

    3. zona eróxena [PSIC ]

      Parte do corpo particularmente apta para producir pracer e excitación sexual.

  2. s f [PAT ]

    zóster.

Palabras vecinas

zolar zoldra zombi zona zonación zonal zoncho