xonio -nia
xonio -nia
topónimo Xonia
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo xonio.
-
s
[ETN/HIST ]
Individuo do pobo xonio.
-
s
m pl
[ETN/HIST ]
Pobo grego que incluía os gregos habitantes de Ática, de Eubea e os colonos que durante 2000 a C se estableceron nas costas de Asia Menor e nalgunhas das illas do mar Exeo.
-
s
m
[LING ]
xónico.
-
escola xonia
[FILOS ]
Escola filosófica grega á que pertencen os pensadores presocráticos, cuxo trazo común a todos eles é o esforzo na interpretación tradicional do mundo, do que buscan o principio primordial (αρχ*).