arxila
arxila
lat argilla
s
f
[XEOL ]
Rocha sedimentaria non consolidada, formada principalmente por silicatos de aluminio hidratados, de diámetro inferior aos 0,001 mm. Ten propiedades plásticas, refractarias, absorbentes e desengraxantes en seco. Cando se empapa de auga vólvese plástica e branda. Se se coce non se deforma, senón que se endurece.