acelerador -ra

acelerador -ra

acelerar

Plural: aceleradores Masculino: acelerador Masculino plural: aceleradores Feminino: aceleradora Feminino plural: aceleradoras
  1. adx

    Que acelera.

  2. s m

    Dispositivo que acelera ou retarda o movemento dun mecanismo.

  3. s m [ARQUEOL ]

    ariante do método do Carbono 14 realizada mediante o acelerador ou coa espectometría de aceleración de partículas. Mide a cantidade de isótopo na mostra contando directamente os átomos remanentes, en lugar de facelo a través da súa radiación.

  4. s m [ASTRON ]

    Motor-foguete auxiliar de gran potencia que serve para dar a un foguete espacial pesado a velocidade inicial.

  5. s m
    1. Mecanismo que comanda a admisión da mestura gasosa nun motor endotérmico.

    2. Pedal ou panca que ao accionarse pon en funcionamento este mecanismo.

  6. s m [FÍS ]

    Dispositivo destinado a acelerar os electróns nun tubo de raios catódicos ou en calquera tubo electrónico.

  7. s m [QUÍM/IMAX ]

    Composto químico engadido aos reveladores para acelerar a acción lenta dos axentes redutores.

  8. s m [TECNOL ]

    Bomba intercalada nun circuíto de calefacción central que activa a circulación da auga.

  9. acelerador de partículas [FÍS ]

    Complexo de dispositivos deseñado para acelerar partículas materiais, coas que se provocan colisións violentas. O obxecto dun acelerador é fornecer feixes intensos de partículas con elevada enerxía cinética, provocar colisións entre eles e estudar os residuos destes choques.

Citas

  • Estragouse o acelerador da máquina de embotellar e tiveron que parar a producción unha semana
  • O fuxido pisou o acelerador do seu coche e conseguiu escapar