xaneiro

xaneiro

lat v ienuarĭu lat ianuarĭu

Plural: xaneiros
s m

Primeiro mes do ano, que ten 31 días.

Refranes

  • En xaneiro mete obreiro.
  • No mes de xaneiro sube ao outeiro; se ve-los teus campos verdexar, ponte a chorar; se terrexar, ponte a cantar.
  • No minguante de xaneiro corta o teu madeiro.
  • No xaneiro busca a lebre no bulleiro.
  • O san Antón verdadeiro é o dezasete de xaneiro.
  • O sol de xaneiro non ten compañeiro.
  • Pegureiro, sube ao outeiro e,se no xaneiro ve-los campos verdegar,bótate a chorar e,se os ves terrexar, ponte a bailar.
  • Polo san Vicente perde o inverno un dente.
  • Polo san Vicente toda a auga é semente.
  • Xaneiro añeiro e febreiro cabriteiro.

Palabras vecinas

xandra xaneira xaneirento -ta xaneiro xanela xaneta xangada