X
X
-
Cifra romana que representa o número 10.
-
[FÍS ]
Símbolo da reactancia.
-
[MAT ]
Letra que designa o eixe horizontal dun sistema cartesiano de referencia no plano.
-
cromosoma X
[XEN ]
Cromosoma sexual dos mamíferos, que determina en homocigose o sexo feminino.
-
raios X
[FÍS ]
Radiación electromagnética que emite un átomo cando se produce o salto dun electrón dunha órbita externa a unha interna.