visita
visita
visitar
-
s
f
Acción de visitar.
-
s
f
Persoa que vai á casa doutra.
Refranes
- Á casa da túa tía non debes ir cada día.
- Á casa de teu irmán non vaias cada serán.
- Á casa do rico vai obrigado e a do pobre vai sen ser chamado.
- Á casa do teu amigo non vaias sen aviso, e á do necesitado vai sen ser chamado.
- Á casa do teu irmán non vaias cada serán.
- A onde ben te queren, irás poucas veces.
- A onde te queren moito, coida de ir pouco.
- Cando fores á casa de fóra, chama dende a porta.
- O que á miña casa non vén, da súa me bota.
- Onde ben te queren irás poucas veces; e onde mal, nunca irás.
- Quen te visita na voda e non na enfermidade, non é amigo de verdade.