vilanía

vilanía

vilán

Plural: vilanías
  1. s f

    Acción indigna ou ruín.

  2. s f

    Calidade de vil.

  3. s f

    Condición de vilán na Idade Media.

Sinónimos

Confrontaciones

baixeza, infamia

Refranes

  • Cando o vilán enriquece, a ninguén coñece.
  • Cando o vilán enriquece, non ten amigos nin parentes.
  • Cando o vilán está rico, non ten parentes nin amigos.
  • Cando o vilán vai no mulo, coida que é seu todo o mundo.
  • Contra forza de vilán, ferro na mano
  • Facer ben ao vilán é botar auga no mar.
  • Feito de vilán: tira-la pedra e esconder a man.
  • Non é vilán o da vila senón o que fai vilanía.
  • Ó coello e ao vilán mételles man.
  • Ó vilán dádelle O dedo e collera vos a man.
  • Ó vilán dádelle un ovo e pediravos o aceite e o sal e o tixolo.
  • Ó vilán dálle a aixada na mano
  • Ó vilán danlle o pe e agarra a man.
  • O vilán na súa terra, o fidalgo en calquera.
  • Ó vilán non lle fagas ben nin mal.
  • O vilán rico non coñece amigo.
  • Ó vilán, coa vara do abelán.
  • Obra de vilán: tira-la pedra e esconde-la mano
  • Vilán farto, pe dormente.
  • Vilán que non mata porco, escudeiro que non gaña soldo.
  • Vilán que se fai con diñeiro tense por un fidalgo enteiro.