vida
lat vita
-
s
f
[BIOL ]
Estado dinámico da materia organizada que se caracteriza pola súa capacidade de adaptación e de evolución fronte aos diferentes cambios no medio, e polo feito de poder reproducirse.
-
s
f
Feito de existir.
-
s
f
Tempo que vai do nacemento á morte dun ser vivo.
-
s
f
Tempo que vai da aparición á desaparición de algo, ou tempo durante o que funciona.
-
s
f
Xeito de vivir, en relación coas circunstancias vitais que condicionan a existencia.
-
s
f
Conxunto de acontecementos e feitos máis salientables que lle sucederon a unha persoa durante a súa existencia.
-
s
f
Medio de subsistencia.
-
s
f
Actividade dun organismo ou entidade social.
-
s
f
-
italidade ou vigor dunha persoa.
-
iveza ou animación que reflicte algo ou alguén.
-
Capacidade ou sensación de movemento.
-
-
-
a outra vida
Persistencia da ánima como unha realidade vivida despois da morte.
-
vida contemplativa
ida que se dedica á contemplación, á pregaria ou ao estudo dentro ou fóra dunha comunidade relixiosa.
-
vida espiritual
Actividade humana que ten por obxectivo a dedicación intensa e profunda á crenza da graza.
-
a outra vida
Frases hechas
-
A outra vida. Existencia da alma despois morte.
-
Dar a vida por. Estar disposto a morrer por algo ou algu
-
En vida. Durante a vida.
-
Facer por/pola vida. Traballar ou buscar medios de vida.
-
Mala vida. Xeito de vivir que vai contra a moral ou as leis establecidas.
-
Perder a vida. Morrer.
-
Ser de vida ou morte. Cousa da que depende a vida.
-
Ser media vida. Ser algo moi san ou conveniente.
-
Xogar a vida. Expo
Refranes
- A boa vida engurras tira.
- A boa vida non quere présa / présas.
- Á curta ou á larga todo acaba.
- A máis vivir, máis sufrir.
- a morto á mortalla e o vivo á fogaza.
- a morto no cemiterio, o vivo no candieiro.
- ande vivan cen, vive ti tamén.
- ande vivires fai como vires.
- Así duras, como te curas.
- Bebe pouquiño, come a fartar, durme no alto e así vivirás.
- Bo é vivir para ver o que ha vir.
- Cabalo de andadura pouco dura.
- Cada un vive como pode e como o deixan vivir.
- Cada un vive como pode e non como quere.
- Cal é a vida tal é a morte.
- Cal te curas, así duras.
- Coa vida fanse moitas cousas, coa morte desfanse todas.
- Come leite e bebe viño e, de vello, seráS mociño.
- Como se vive, mórrese.
- Detrás deste mundo virá outro.
- Hoxe na vida, mañá na morte: ¡benia o corpo que pola alma traballa!
- Hoxe somos e mañá non fomos.
- Hoxe somos e mañá non seremos.
- Hoxe somos e mañá non.
- Irnos vivindo: aquí entropezando e alí caíndo.
- Máis vale burro vivo que sabio morto.
- Máis vale can vivo que león morto.
- Máis vale cheirar vivo a merda que morto a incenso e cera.
- Máis vale cheirar, de vivo, a merda, que, de morto, a incenso e cera.
- Máis vale dicir aqu{ fuxeu que aqu{ mo eu.
- Máis vale un burro vivo que un cento mortos.
- Máis vale un mal correr que un bo morrer.
- Media vida é a candea, pan e viño é a outra media.
- Media vida é a candea; e o pan e o viño é outra media.
- Menor é que digan está alá que está acá.
- Mentres ternos vida, tamén ternos esperanzas.
- Mentres uns viven, outros morren.
- Morte duns é vida doutros.
- Non esquezas que a vida tela perdida.
- Non hai como morrer para coñece-Ia morte.
- Non hai mellor vida que non ter nada: pasan os días, estoume na cama.
- Non hai ningún tan vello, que non pense vivir un ano.
- Non hai vida que non estea perdida.
- Non hai vida sen morte nin pracer sen pesar.
- Non quero vida nin tratos con xente espantabuxatos.
- Non ten a vida segura o que as cousas moito apura.
- O mozo pode morrer, pero o vello xa non está para moito vivir.
- O pagar e o morrer, canto máis tarde poida ser.
- O que a longa vida chega, moito vive e máis espera.
- O que ben vive ben morre.
- O que mal vive pouco vive.
- O vello que se cura máis anos dura.
- Quen ben se cura, moito dura.
- Quen mal vive mal ha morrer.
- Quen moito vive, moito mal recibe.
- Quen moito vive, moito ve.
- Quen queira chegar a vello, garde o aceite no pelexo.
- Quen queira ser vello moito tempo, váiase con tento.
- Quen teme a morte non disfruta da vida.
- Se o mozo pode morrer, o vello non pode vivir.
- Se queres chegar a vello, garda aceite no pelexo.
- Se queres chegar a vello, sube as costas coma o vello.
- Se queres vivir moito tempo, faite de mozo vello.
- Segundo é a vida, así é a morte.
- Sopas fervidas alongan a vida.
- Tal vida, tal morte.
- Ter sete folgos coma os gatos é un regalo.
- Todo é vivir, ata morrer.
- Un día de vida non é moita vida pero é vida.
- Unha hora de vida non é moita vida.
- Vale máis onza de boa vida que fanega de sabiduría.
- Vale máis que digan: aquí correu que aquí morreu.
- Vida sen amigos, morte sen testigos.
- Vive cen anos e verás moitos desenganos.
- Vívese como se pode e non como se quere.
- Vivir ben, que Deus é Deus.
- Vivir como Deus manda e morrer como Deus queira.
- Vivir para ver e ver para vivir: ¿que máis se pode pedir?