verónica

verónica
Plural: verónicas
s f [PLANTA ]

Planta herbácea, anual ou perenne, que pertence ao xénero Veronica, da familia das escrofulariáceas, que presenta follas simples, enteiras ou pinnadas, as inferiores opostas e as superiores frecuentemente alternas, flores tetrámeras e froito en cápsula.