arte
lat artē
-
s
f
Actividade humana encamiñada á creación de obras estéticas.
-
s
f
Ámbito no que o home desenvolve a súa capacidade creadora con fins estéticos.
-
s
f
Conxunto de producións artísticas que caracterizan unha época, estilo ou movemento.
-
s
f
Preceptos e regras que se requiren para o desenvolvemento dunha actividade.
-
s
f
Habilidade ou destreza para facer certas cousas que se adquire co estudo ou coa experiencia.
-
s
f
Medio co que se consegue facer algunha cousa.
-
-
s
[ARTE ]
Acto polo que, valéndose da imaxe, son, palabra ou movemento, o home imita ou expresa o material ou o inmaterial, creando mediante copia, evocación ou invención.
-
s
[ARTE ]
Cada unha das chamadas Belas Artes.
-
s
[ARTE ]
Estilo dun artista.
-
arte aplicada/industrial /
[ARTE/IND ]
Arte aplicada aos produtos industriais coa finalidade de embelecer obxectos de uso común: mobles, ourivería, cerámica, armas, etc.
-
arte decorativa
[ARTE/ARQUIT ]
Arte aplicada que engade elementos ornamentais a unha estrutura arquitectónica.
-
arte dramática
[ESPECT ]
Arte de interpretar o teatro.
-
arte figurativa
[ARTE ]
Representación da realidade en contraposición á arte abstracta.
-
arte pola arte
[ARTE ]
Actitude que defende a validez da finalidade da arte por si mesma. 9
-
s
[ARTE ]
-
-
s
Conxunto de redes que conforman un aparello.
-
arte de cerco
Calquera das artes de acoso de grandes dimensións que se empregan para capturar grandes cantidades de peixe.
-
arte de arrastre
Calquera das artes de acoso en forma de funil que, arrastradas polo fondo do mar, capturan todos os animais que encontran ao paso.
-
s
-
-
s
Nome que se aplica a diversos aparellos de pesca que están constituídos por redes provistas dun cope. Pódense distinguir artes de captura, de trampa e de acoso.
-
arte de deriva
Calquera das artes de acoso formadas por redes, xeralmente rectangulares, que se desprazan de xeito incontrolado por alta mar seguindo as correntes.
-
arte de fondo
Calquera das artes de captura pasiva formadas por redes xeralmente rectangulares que se calan de maneira que a armadura dos chumbos quede a rentes do fondo.
-
arte de luz
Aparello de pesca que se emprega cando rompe a mañá ou na pesca que se realiza durante o día.
-
s
-
arte común
[LIT ]
Composición poética formada por unha serie de estrofas nas que non se repiten as mesmas rimas consonantes, senón que cada unha de elas presenta unha diferente.
-
arte real
[LIT ]
Serie de combinacións estróficas integradas por versos octosílabos que riman en consonante e están divididas en dúas semiestrofas.
-
artes e oficios
Conxunto de regras teóricas e de técnicas manuais necesarias para os oficios mecánicos.
-
artes escénicas
[ESPECT ]
Artes que designan as manifestacións espectaculares que xeralmente teñen na escena o seu marco de realización e, nos teatros, o espazo básico de recepción.
-
artes marciais
[DEP ]
Técnicas de loita, integradas nunha concepción do mundo específica, orixinarias de Extremo Oriente e incorporadas a Occidente como deporte. Estas técnicas que se fundamentan no dominio do corpo e da mente son, entre outras: aikido, jiu-jitsu, judo, karate, kendo, kick boxing, kung fu e taekwondo.
Sinónimos
Citas
- A arte da música
- A arte de navegar ten a súa orixe na Antigüidade
- A arte de Picasso revolucionou a pintura do seu tempo
- A arte de saber vender require anos de experiencia
- A arte románica ten unha ampla representación en Galicia
- Conseguiu enganarme coas súas malas artes
- Facer algo con arte, Arte de escribir
- Os museos adoitan amosar obras de arte
Frases hechas
-
Na arte do demo. Facer algo
-
Por arte de maxia. Sen que se saiba c
-
Non ter arte nin parte. Non ter ning
Refranes
- Ás artes non te mates.
- Bacharel en artes, burro en todas partes.
- O que ten arte vai por todas partes.