vellez
vellez
vello
-
s
f
Calidade de vello.
-
s
f
Estado do ser humano que conduce á progresiva deterioración dos órganos e das súas funcións polo paso dos anos.
Sinónimos
Refranes
- . Rata vella non cae na rateira.
- A burro vello múdalle o alimento e darache o pelexo.
- A cabaleiro novo, cabalo vello.
- A cabaleiro vello, cabalo novo.
- A cabalo novo, cabaleiro vello.
- A can vello non hai cus cus / tus tus.
- A cura novo, sancristán vello.
- A home vello, picheles novoso
- A idá é do xuício media irmá.
- A ovella vella en marzo alea.
- A vella que de amores se devece, o diaño que a leve.
- A vellez mala enfermidade é.
- A vellez nunca vén soa.
- A vellez ten mala cura.
- A vida mal pasada trae a vellez pesada.
- Abonda ser vello para estar enfermo.
- Anos, diñeiros e días compoñen vilas e vidas.
- As dores dos artellos dan que facer aos vellos.
- Barbas maiores quitan barbas menores.
- Ben vella é a igrexa e mais ten quen a queira.
- Burra vella tamén quere a súa cebada.
- Cando o home mexa nas botas, non pensa nas mozas.
- Cando o home mexa nas botas, xa non está para mozas.
- Cando o vello non pode beber, pódenlle a cova facer.
- Cando se acende o palleiro arde máis axiña o vello.
- Canto máis vella, máis leva.
- Carro entullado non sae, se o home vello non vai.
- Casa vella logo arde.
- Casa vella todo é pingueiras.
- Catarro, casamento, cagarreira e caída son catro ces que quitan ao vello a vida.
- Debaixo dunha capa vella adoita esta-la sabencia.
- Do vello, o consello.
- Foise a vella á voda e contou de cando foi noiva.
- Galiña vella fai bo caldo.
- Home que, ao erguerse, di ¡opa! e, ao sentarse, ¡aí!, non é para a filla da miña nai.
- Hoxe ser non son pero ser xa tun.
- Máis sabe o demo por ser vello que por ser demo.
- Mal lle vai á corte, cando o boi vello non tose.
- Na casa vella todas son goteiras.
- Ninguén é máis vello do que parece.
- Non hai vello que non poida dar un consello.
- Nos máis vellos están os bos consellos.
- Nos máis vellos están sempre os bos •consellos.
- O boi vello de seu leva o rego.
- Ó burro, vello a mellor cebada e o peor aparello.
- O corazón engana os vellos.
- Ó galgo bótalle lebre e non coello.
- O palleiro vello arde máis axiña.
- O que ben cantou de mozo, de vello inda lle dá un xeito.
- O rato vello non cae na rateira.
- O vello desvergonzado fai o neno mal {alado.
- O vello e a palleira, cando se acenden, son mala fogueira.
- O vello é bo para o consello.
- O vello hai que mantelo.
- Ó vello non lle preguntes ¿Como che vai? senón ¿Que che doe?
- O vello por non poder e o mozo por non saber moitas cousas deixan perder.
- O vello por non poder e o mozo por non saber, déixanse as cousas perder.
- Onde non hai vello non hai consello.
- Os traballos fixéronme vella, que eu ben moza era.
- Os vellos son dúas veces nenos.
- Pai vello e chaqueta rota non é deshonra.
- Palleiro vello logo se acende / queima.
- Para as cañas honradas non hai portas pechadas.
- Para entender de presos, carcereiros vellos.
- Paxaro vello non cae na gaiola.
- Polo vello non poder e o mozo non saber, moito se deixa de facer.
- Por vello que sexa un barco, inda unha vez pasa o charco.
- Quen queira chegar a vello garde o aceite no pelexo.
- Santo vello non fai milagres.
- Se ao vello lle quitan a pinguiña e a cociña, que o enterren axiña.
- Se o vello non pode e o mozo non quere ¡que se Ile ha facer!
- Tempo ten a choca e tempo ten o que a toca.
- Vale máis vello honrado que mozo desvergonzado.
- Vara seca non se domea que creba.
- Vello con amores, inverno con flores.
- Vello que fai voda cava, sen querer, a súa cova.
- Vello que se namora chama pola derradeira hora.
- Vello xa é Pedro para ser cabreiro.
- Vezouse a vella ao mel e sóubolle ben.
- Xa está vello Pedro para pegureiro.