vaso

vaso

lat vasu

Plural: vasos
    1. s

      Recipiente de forma xeralmente cilíndrica que se usa para beber ou conter líquidos.

    2. s

      Contido de líquido que cabe neste recipiente.

    3. s

      Recipiente máis estreito na boca e na base ca no centro, que se emprega como adorno ou para conter flores.

    4. s [ARTE ]

      Corpo do capitel corintio en forma de copa.

    5. s [FÍS ]

      Recipiente dun reactor nuclear dentro do que se atopa o núcleo.

    6. vaso de precipitados [QUÍM ]

      aso cilíndrico de vidro, resistente ao lume, provisto de bico e a miúdo graduado, que se emprega nos experimentos.

    7. vasos comunicantes [FÍS ]

      Sistema formado por dous ou máis recipientes unidos cos que se realizan estudos de hidrostática.

  1. s m [BIOL ]

    Conduto por onde circulan os líquidos dun organismo vivo.