urarteo -a

urarteo -a
Plural: urarteos Masculino: urarteo Masculino plural: urarteos Feminino: urartea Feminino plural: urarteas
  1. adx

    Relativo ou pertencente a Urartu.

  2. s [ETN/HIST ]

    Individuo do pobo de Urartu.

  3. s m pl [ETN/HIST ]

    Pobo que habitou nas proximidades do lago Van (Turquía) e que estendeu os seus dominios cara a Cilicia e o N de Siria, ata que os escitas tomaron a súa capital en 609 a C.

  4. s m [LING ]

    Lingua propia de Urartu, que pode estar emparentada co hurrita. Escribíase en caracteres cuneiformes, nun silabairo derivado do sumerio-acadio.