un, unha

un, unha
Plural: umbráticos
  1. adx

    Que non presenta variacións e constitúe unha unidade.

  2. art indet

    Presenta unha persoa ou cousa descoñecida polo falante sen identificala dentro da súa clase ou especie.

  3. art indet

    Presenta e clasifica un individuo dentro dunha clase de maneira imprecisa.

  4. art indet

    Presenta unha persoa ou cousa descoñecida ou que non se quere precisar.

  5. art indet

    Emprégase con valor enfático do substantivo ao que acompaña.

  6. indef

    Indica o valor aproximado dunha cantidade.

  7. indef

    Emprégase con valor distributivo como contraposición a outra cousa.

  8. indef pl

    Expresa unha cantidade indeterminada.

  9. indef sing

    Emprégase con valor impersoal e pode referirse á propia persoa que fala coa intención de xeneralizar.

  10. indef sing

    Remite ao falante cando este o emprega para referirse a si mesmo.

  11. indef sing

    Designa unha persoa sen precisar.

  12. num card

    Representa o menor número enteiro con que se forman os demais ao realizar sucesivas agregacións.

  13. num card

    Que ocupa o lugar número un nunha serie.

  14. s m

    Representación gráfica dese número. OBS: O artigo indeterminado un(s), unha(s) contrae coas preposicións de, en e con e dá lugar ás formas dun(s), dunha(s), nun(s), nunha(s), cun(s) e cunha(s). O indefinido e o numeral contraen do mesmo xeito ca o artigo indeterminado cando son adxectivos, pero non o fan coa preposición con cando son pronominais.

Palabras vecinas

umero- umiak* umland* un, unha uña uñada uñagata